- Colaboración na revista anual “O Pregón”, editada polo Concello de Ponteareas.
- Participación no concurso de Música Tradicional organizado pola Asociación Xuvenil Xacarandaina, no que as nosas escolas de pandeireta acadaron importantes premios.
- Participación no concurso de Música Tradicional organizado pola Agrupación Rosalía de Castro (Padrón), acadando tamén premios nas distintas categorías.
- Gravación en estudio baixo o selo discográfico “SAGA”, co título “Fai tantos anos..”, de pezas cantadas e instrumentadas pertencentes ao repertorio recompilado pola agrupación.
- Colaboración no disco de Alberto Conde “A Lagoa dos Atlantes”, do grupo de pandereteiras, aportando diversas pezas recollidas nas labores de investigación.
- Gravación co selo Fonomusic de catro pezas recollidas, para a inclusión nun disco recompilatorio de música tradicional.
- Membro activo da Federación de Grupos de Baile Tradicional de Galicia, con cargo de vogal na súa xunta directiva.
 A agrupación dispón, tamén, dun amplo arquivo videográfico, fotográfico e sonoro do traballo levado a cabo polo grupo durante todos estes anos, e dunha considerable colección de indumentaria tradicional, que conforma o seu principal activo patrimonial.
|
|
Última actualización ( Domingo, 10 de Xuño do 2007 )
|