Actividades Imprimir
Actividades para a conservación da nosa tradición:

  • Creación dunha Escola de Baile Tradicional en Vigo.
  • Creación dunha Escola de Música Tradicional en Vigo.
  • Obradoiro de Encaixe de Bolillos.
  • Obradoiro de Bordados Tradicionais.
  • Obradoiro para a recuperación e conservación de indumentaria tradicional.
  • Creación dun grupo de recollida de baile e música tradicional (traballo de campo e investigación etnográfica).
  • Organización de nove edicións do Concurso Anual de Música e Baile Tradicional.
  • Organización de nove edicións do Concurso Anual de Música Tradicional.

Actividades para a divulgación das nosas tradicións:

  • Exposición de indumentaria tradicional no Museo Municipal de Ponteareas. A raíz destas actividades comezou unha estreita colaboración co museo no traballo de catalogación e conservación do patrimonio etnográfico da comarca.
  • Exposicións de Ranchos de Reis na comarca do Condado, en colaboración co Museo de Ponteareas, así coma co Excmo. Concello de Ponteareas.
  • Colaboración coa Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, na exposición itinerante dadicada ao tecido tradicional: “Liño, la e seda”, coa aportación de material e con demostracións en vivo de confección en tear.
  • Ciclos de conferencias sobre indumentaria tradicional, levadas a cabo nos campus das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, sobre a roupa recollida no Condado e na Paradanta.
  • Ciclo de conferencias sobre indumentaria tradicional no Conservatorio superior de Música de Vigo.
Última actualización ( Domingo, 10 de Xuño do 2007 )